openSUSE 12.1 Notas da versión

Versión:

12.1.8 (2011-11-25)

Copyright © 2011 Novell, Inc.

Queda permitida a copia, distribución e/ou modificación deste documento baixo os termos da licenza de GNU Free Documentation, versión 1.2 ou calquera outra versión posterior publicada pola Free Software Foundation; sen seccións invariables, textos de portada e contraportada. Inclúese unha copia da licenza no ficheiro fdl.txt.

Se actualiza a partires dunha versión antiga a esta versión de openSUSE, vexa as notas da versión antigas aquí: http://en.opensuse.org/openSUSE:Release_Notes

Estas notas da versión cobren as seguintes áreas:

Miscelánea
  1. Módulo de configuración de YaST AppArmor
Instalación
  1. Non dispoñible
Xeral
  1. Documentación de openSUSE
  2. GNOME 3
  3. Sistema de son PulseAudio
  4. Inicio de dominio de Windows con KDM
  5. Dispoñible por separado Oracle Java
Actualización do Sistema
  1. Montando particións cifradas con systemd
Cuestións técnicas
  1. Iniciando tarxetas de vídeo con KMS (Kernel Mode Setting)
  2. Desactivada a saída de son da tarxeta HDMI Radeon
  3. Apagado do sistema con systemd
  4. systemd: suplantando os parámetros de Servizo de inicio
  5. Arrincando con systemd ou sysvinit
  6. CUPS 1.5
  7. A orde rename
  8. Interface de liña de ordes de NetworkManager
  9. rpm: %_topdir Modificado para usuarios que non son superusuarios

Miscelánea

Módulo de configuración de YaST AppArmor

Categorías FATE para https://features.opensuse.org/305278 : AppArmor, YaST.

Atope o módulo de configuración de AppArmor na sección "Seguridade e usuarios" do Centro de control de YaST.

Instalación

Non dispoñible

Xeral

Documentación de openSUSE

GNOME 3

GNOME 3 fornece un novo deseño para o escritorio diferente de GNOME 2. Como resultado e a fin de que os usuarios poidan beneficiarse dos cambios, a aparencia do escritorio GNOME 2 non se migrará de xeito automático. Pode empregar Configuración do sistema para personalizar GNOME 3 , tamén se inclúe unha ferramenta avanzada (gnome-tweak-tool) para unha personalización máis detallada.

O modo estándar de GNOME 3 necesita soporte para aceleración 3D no controlador gráfico. Cando a aceleración 3D non está dispoñible, GNOME 3 emprega o modo de emerxencia. Cando este descobre que GNOME 3 detecta a dispoñibilidade de aceleración 3D, pero o modo estándar non se pode usar, probablemente producirase un erro no controlador gráfico. Pode forzar o modo de emerxencia co argumento "gnome.fallback=1" na liña do arrinque no grub.

Se emprega o modo de emerxencia, pode personalizar os paneis premendo Alt ao facer clic dereito sobre o panel.

Para unha breve descrición do ambiente de escritorio GNOME, como combinacións de teclas, posibilidades de arratrar e soltar e utilidades escpeciais, consulte https://live.gnome.org/GnomeShell/CheatSheet.

Sistema de son PulseAudio

O sistema de son PulseAudio está integrado en todo o sistema e activado de xeito predeterminado nunha nova instalación. Se o desactivou en versións anteriores e quere volver actic¡valo, comprobe a variable PULSEAUDIO_ENABLE en /etc/sysconfig/sound:

Estableza PULSEAUDIO_ENABLE como "yes" para activar forzosamente PA en todo o sistema. Establecendo PULSEAUDIO_ENABLEliteral> como "no" desactivar

Inicio de dominio de Windows con KDM

O tema SUSE KDM non permite inicios de sesión de dominio de Windows.

Para solucionar este problema, estableza DISPLAYMANAGER_KDM_THEME como unha cadea baleira en /etc/sysconfig/displaymanager para empregar o tema predeterminado KDM:

DISPLAYMANAGER_KDM_THEME=""

Dispoñible por separado Oracle Java

O paquete java-1.6.0-sun xa non forma parte de openSUSE debido aos cambios na súa licenza. Como substituto incluímos a versión OpenJDK. Os usuarios de openSUSE que prefiran a versión do JDK de Oracle en vez da OpenJDK, poden obtela desde http://oracle.com/java.

Actualización do Sistema

Montando particións cifradas con systemd

Se as particións cifradas non se montan automaticamente con systemcd, pódese deber á marca noauto no ficheiro /etc/fstab. Cambiar esa marca por nofailliteral> deber

/dev/mapper/cr_sda3  /home   ext4    acl,user_xattr,noauto 0 2

por

/dev/mapper/cr_sda3  /home   ext4    acl,user_xattr,nofail 0 2

Cuestións técnicas

Iniciando tarxetas de vídeo con KMS (Kernel Mode Setting)

Con openSUSE 11.3 estamos alternando o KMS (Kernel Mode Setting) para tarxetas de vídeo Intel, ATI e NVIDIA, que agora é o predeterminado. Se atopa problemas co suporte ao controlador KMS (intel, radeon, nouveau), desactive o KMS engadindo nomodeset á liña de ordes de inicio do kernel. Para configurar isto permanentemente, engada a liña de orde do kernel en /boot/grub/menu.lst. Esta opción fai que o módulo do kernel apropiado (intel, radeon, nouveau) se cargue con modeset=0 no initrd, isto significa, que KMS está desactivado.

En casos pouco frecuentes, cargar o módulo DRM do initrd é un problema xeral e non relacionado con KMS, incluso así é posible desactivar a carga do módulo DRM no initrd completamente. Para isto, defina a variable de sysconfig NO_KMS_IN_INITRD para yes mediante YAST, que volverá crear o initrd despois. Reinicie o seu sistema.

En Intel sen KMS, o servidor X volve ao controlador fbdev (o controlador intel só soporta KMS); alternativamente, existe o controlador "intellegacy" (paquete xorg-x11-driver-video-intel-legacy) que aínda soporta UMS (User Mode Setting). Para empregalo, edite /etc/X11/xorg.conf.d/50-device.conf e modifique a entrada do controlador para intellegacy.

En ATI para as GPUs actuais, usa radeonhd. En NVIDIA sen KMS, úsase o controlador nv (o controlador nouveau só soporta KMS). Nota, os novos GPU de ATI e NVIDIA volven fbdev se especifica o parámetro nomodeset aos parámetros de inicio do kernel.

Desactivada a saída de son da tarxeta HDMI Radeon

Debido a algúns problemas no hardware HDMI a saída de son está desactivadade xeito predeterminado no controlador radeon, que é o controlador predeterminado nas tarxetas gráficas AMD/ATI.

Isto pode reactivarse engadindo radeon.audio=1 como un parámetro do kernel. En YaST, ir a Sistema -> Cargador de arrinque, a continuación prema en Editar na entrada predeterminada e engada o seguinte ao final de 'Parámetros opcionais da liña de ordes do Kernel':

radeon.audio=1

A continuación, reiniciar o sistema para aplicar os cambios.

Alternativamente, os usuarios poden instalar o controlador propietario de AMD. Para obter máis información, consulte http://en.opensuse.org/SDB:ATI_drivers.

Apagado do sistema con systemd

Para deter e apagar o sistema com systemd, execute halt -p ou shutdown -h now na liña de ordes ou empregue a opción apagado do seu escritorio.

Nota: un simple halt non apagará axeitadamente o sistema.

systemd: suplantando os parámetros de Servizo de inicio

systemctl só soporta os parámetros "estándar" (vexa http://www.freedesktop.org/wiki/Software/systemd/Incompatibilities).

Pode evitar este novo comportamento chamando ao script de inicio directamente, por exemplo:

cd /etc/init.d
./apache2 <os_seus_parámetros>

Arrincando con systemd ou sysvinit

De xeito predeterminado, openSUSE emprega como arrinque systemd. En caso de dúbida, pódese volver usar o antigo sysvinit premendo F5 durante o arrinque.

Se quere cambiar permanentemente a sysvinit, instale o paquete sysvinit-init. Para volver a systemd, reinstale o paquete systemd-sysvinit.

CUPS 1.5

CUPS 1.5 vén con algúns cambios non compatibles con versións anteriores:

A orde rename

De acordo cos estándares de codificación GNU, a orde rename trata todas as cadeas que comecen por un guión coma unha opción da liña de ordes. Para previr isto, separe a opción dos outros argumentos con -- do seguinte xeito:

#!/bin/bash
for f in *.jpg ; do
  rename -- ".jpg" "-$RANDOM.jpg" $f ;
done

Interface de liña de ordes de NetworkManager

cnetworkmanager xa non está dispoñible—empregue nmcli no seu lugar. Para obter máis información da migración, consulte http://repo.or.cz/w/cnetworkmanager.git/blob_plain/HEAD:/nmcli-migration.html.

rpm: %_topdir Modificado para usuarios que non son superusuarios

Os usuarios sen privilexios xa non poden escribir en /usr/src/packages. rpmbuild> agora emprega ~/rpmbuild de xeito predeterminado. Para cambiar o directorio en gada unha liña como a seguinte en ~/.rpmmacros.

%_topdir /some/where/else

Para usar o subdirectorio foo de $HOME engadir a ~/.rpmmacros:

%_topdir %{getenv:HOME}/foo