openSUSE 11.2 Notas da versión

Copyright © 2009 Novell, Inc.

Queda permitida a copia, distribución e/ou modificación deste documento baixo os termos da licenza de GNU Free Documentation -Documentación libre de GNU-, versión 1.2 ou calquera outra versión posterior publicada pola Free Software Foundation; sen seccións invariables, textos de portada e contraportada. Inclúese unha copia da licenza no ficheiro fdl.txt.

Esta é só a versión inicial das notas da versión para openSUSE 11.2.

As notas da versión cambian constantemente. Descargue a versión máis recente como parte da proba de Internet ou visite http://www.suse.com/relnotes/i386/openSUSE/11.2/RELEASE-NOTES.en.html.

Estas notas da versión cobren as seguintes áreas:

Instalación
  1. Configurando as opcións e localización do cargador de arrinque
Xeral
  1. Documentación de openSUSE
  2. Documentación de openSUSE como Libros Electrónicos (EPUB)
  3. Iniciando o daemon OpenSSH SSH (sshd)
  4. YaST e a configuración de Xorg (teclado, rato, tarxeta de vídeo e monitor)
  5. KDE
  6. Thunderbird
Actualizar
  1. Actualización do Sistema con zypper
  2. Kernel obsoleto ao actualizar desde o DVD
  3. Cambiando syslog-ng por rsyslog
  4. Novo motor de contrasinais de Samba: tdbsam
  5. MySQL 5.1
  6. Dispositivos de serie que pertencen ao grupo 'dialout'
Cuestións técnicas
  1. Nova opción predeterminada de montaxe: relatime
  2. Cambio de chaves en X.Org afecto ao uso de xmodmap
  3. Servidor VWware v2

Instalación

Configurando as opcións e localización do cargador de arrinque

Cando configure o sitio do cargador de arrinquena proposta de instalación, configure tamén as opcións do cargador de arrinque. Nas opcións, axuste a actualización doutras áreas do sistema do disco que inflúan na posibilidade de que openSUSE e outros sistemas instalados poidan arrincar.

Se a configuración proposta para o cargador de arrinque amosa un aviso, revise atentamente a configuración do cargador de arrinque para evitar romper o inicio doutros sistemas instalados e asegurar que openSUSE vaia arrincar.

Xeral

Documentación de openSUSE

Documentación de openSUSE como Libros Electrónicos (EPUB)

Xunto cos formatos tradicionais, PDF e HTML, o sistema de documentación de openSUSE está dispoñible en formato de libro electrónico EPUB.EPUB (publicación electrónica) é un estándar de e-book libre e aberto. Para máis información sobre EPUB, visite http://en.wikipedia.org/wiki/EPUB.

Descargue os ficheiros EPIB desde http://en.opensuse.org/Documentation.

Iniciando o daemon OpenSSH SSH (sshd)

O daemon OpenSSH SSH (sshd) é o programa daemon para o SSH. De xeito predeterminado, non está iniciado despois de arrincar o sistema. Se quere acceder ao sistema con ssh, debe activalo do seguinte xeito:

  1. Inicie YaST e abra o editor de niveis de execución (runlevel) (Sistema > Servizos do Sistema (Runlevel)).

  2. No editor de niveis de execución de YaST, active Modo experto e seleccione sshd.

  3. Por exemplo, active o servizo para os niveis de execución 3 e 5. Prema en Iniciar e Aceptar.

YaST e a configuración de Xorg (teclado, rato, tarxeta de vídeo e monitor)

Daquela, YaST ofrecía unha interface de configuración para o escritorio gráfico (X.org) como teclado, rato, tarxeta gráfica e monitor. Durante a instalación creábase o ficheiro xorg.conf correspondente.

Na meirande parte dos casos, isto xa non é necesario porque o servidor X é quen de configurar o sistema automaticamente. Se fallase, tente os seguintes pasos:

  1. Verifique se xa existe o ficheiro antigo /etc/X11/xorg.conf. En caso afirmativo, elimíneo e inicie o escritorio outra vez.

  2. Se aínda non funciona, execute sax2 desde a liña de comandos e proceda coa configuración.

  3. Para axustar os compoñentes de hardware ás súas necesidades persoais, inicie o centro de control do escritorio GNOME ou as configuracións do sistema en KDE e configure os seus dispositivos coma rato ou teclado. Os diálogos de configuración de pantalla tamén permiten configurar múltiples monitores. Para configurar múltiples monitores, noutros escritorios, use xrandr.

Para máis información, consulte as Guías do uuario de escritorio incluídas con openSUSE. Dispoñibles tamén en http://en.opensuse.org/Documentation

KDE

Thunderbird

Con openSUSE 11.2 distribúese Thunderbird 3.0 beta 4 que irá para a versión final pouco despois de liberar a 11.2.

Se aínda depende de complementos que só están dispoñibles para Thunderbird 2.0, pode instalar esta versión desde o repositorio buildservice de mozilla en http://software.opensuse.org/ymp/mozilla:legacy/openSUSE_11.2/MozillaThunderbird.ymp . Teña en conta que Thunderbird 2.0 vai ser soportado só por un curto espazo de tempo, unha vez que a versión 3.0 estea dispoñible.

Actualizar

Actualización do Sistema con zypper

Se actualiza o sistema utilizando zypper dup, algúns paquetes poden ser reiniciados durante o proceso de actualización. Pode ocorrer que o reinicio no se complete antes de que vostede axuste os ficheiros de configuración. Isto é especialmente crítico se a descarga dos paquetes depende de servizos que se están a executar no sistema, por exemplo. un servidor proxy local (squid) na máquina que está actualizando.

Estableza commit.downloadMode = DownloadInAdvance en /etc/zypp/zypp.conf para que se descargue todo primeiro, antes da instalación. Esta operación de descarga require unha grande cantidade de espazo libre na partición /var para almacenar todos os paquetes descargados.

Kernel obsoleto ao actualizar desde o DVD

Cando se actualiza desde o DVD de 11.2, o paquete kernel-pae-base (ou kernel-default-base) non se elimina. Se realiza unha actualización da distribución empregando "zypper-dup" desde os repositorios en liña, funciona correctamente. Para solucionar este problema proponse a seguinte solución: no xestor de paquetes elimine o paquete kernel-pae-base de xeito manual antes de executar a instalación da actualización. Os pasos a seguir son:

No diálogo "Resumo da actualización", prema en "Paquetes". Vaia ao separador "Resumo da instalación" e seleccione "Amosar paquetes co estado [X] manter". Despois procure o paquete kernel-pae-base e desactíveo.

Cambiando syslog-ng por rsyslog

A ferramenta predeterminada para rexistrar as mensaxes do sistema é agora rsyslog, remprazando a syslog-ng. Aínda pode empregar syslog-ng en caso de ter configuracións que o requiran.

Novo motor de contrasinais de Samba: tdbsam

O novo motor de contrasinais de Samba é tdbsam. Versións anteriores incluídas en openSUSE 11.1 e anterior, utilizaban smbpasswd como o motor passdb predeterminado. Non se atopaba establecido no ficheiro de configuración /etc/samba/smb.conf. Con esta versión de openSUSE introdúcense dous cambios:

Se modificou o ficheiro smb.conf en openSUSE 11.1 ou anterior, o proceso de actualización creará smb.conf.rpmnew e manterá a súa configuración anterior.

Verifique que no anterior ficheiro de configuración está establecido passdb backend, en caso contrario, hai dúas posibilidades para executar Samba:

Recomendamos que utilice o novo motor predeterminado tdbsam. Manteña só o anterior se é realmente necesario. Neste caso, considere cubrir un informe de erro seguindo as suxestións en http://en.openSUSE.org/Samba na sección "Samba bug reporting and advanced debugging information (Informe de erros e información de depuración avanzada)".

Establecendo passdb backend = smbpasswd permítelle manter a configuración anterior.

Teña en conta que a ferramenta anterior fornece un menor conxunto de características ca o novo motor de contrasinais predeterminado tdbsam.

MySQL 5.1

O MySQL versión 5.1 está dispoñible. Algúns cambios non son compatibles con versións anteriores. Os máis importantes son:

Para máis información, visite http://en.opensuse.org/MySQL-5.1 e o ficheiro README.SuSE incluído no paquete MySQL.

Dispositivos de serie que pertencen ao grupo 'dialout'

udev modificou o grupo dos dispositivos de serie de 'uucp' a 'dialout'. Os usuarios creados en versións anteriores a openSUSE 11.2 eran, de xeito predeterminado, membros do grupo 'dialout'. Despois de actualizar a openSUSE 11.2, estes usuarios poden acceder directamente, por exemplo, a módems para executar ordes de marcación. Os administradores deben revisar o grupo 'dialout' comprobando o ficheiro /etc/group. Para eliminar un usuario deste grupo, empregue a seguinte orde (substitúa $USUARIO polo nome de usuario actual):

groupmod -R $USUARIO dialout

Cuestións técnicas

Nova opción predeterminada de montaxe: relatime

O kernel monta por defecto o sistema de ficheiros coa opción relatime, isto actualiza a hora de acceso nos inodos relativa á hora de modificación. Isto considérase unha vantaxe en sistemas de escritorio.

Se desexa volver ao comportamento anterior, defina strictatime co particionador de YaST ou directamente no ficheiro /etc/fstab.

Cambio de chaves en X.Org afecto ao uso de xmodmap

Algunhas chaves en X.Org modificáronse. Se o precisa, cambie o seu ficheiro ~/.Xmodmap. Empregue xev para procurar as novas chaves.

Servidor VWware v2

O servidor VWware v2 ata a versión 2.0.2 compilación 203138 publicada o 27-10-2009 só soporta os kernel Linux ata a versión 2.6.27 e vmware-config.pl falla no kernel 2.6.31 usado por openSUSE 11.2. Para máis información, consulte http://www.vmware.com/support/pubs/server_pubs.html e http://communities.vmware.com/message/1327112#1327112.