Copyright © 2009 Novell, Inc.
Queda permitida a copia, distribución e/ou modificación deste documento baixo os termos da licenza de GNU Free Documentation -Documentación libre de GNU-, versión 1.2 ou calquera outra versión posterior publicada pola Free Software Foundation; sen seccións invariables, textos de portada e contraportada. Inclúese unha copia da licenza no ficheiro fdl.txt.
As notas da versión cambian constantemente. Descargue a versión máis reciente como parte da proba de Internet ou visite http://www.suse.com/relnotes/i386/openSUSE/11.1/RELEASE-NOTES.en.html. As notas da versión en inglés actualízanse sempre que sexa preciso. Isto significa que as traducións poden estar incompletas en certos intres. As traducións actualízanse posteriormente.
Estas notas de publicación cobren as seguintes áreas:
Xeral: Información que todos deberían ler.
Actualización: Cambios que non se mencionan na Guía de Referencia, Capítulo 5.
Técnica: Esta sección contén varios cambios técnicos e melloras para o usuario con experiencia.
No Manual de inicio atopará información sobre a instalación e a configuración básica do sistema. Na Guía de referencia explícase a configuración do sistema polo miúdo.A información básica sobre GNOME e KDE atoparaa nas guías rápidas de inicio. Hai información detallada dispoñible sobre o uso de AppArmor na Guía de administración de AppArmor.
Durante a instalación, YaST indica que Sax2 está intentando detectar as pantallas así como determinar o seu tamaño e a súa resolución. Se está a realizar a instalación nun equipo portátil coa tapa pechada, non é posible detectar a pantalla. Para evitar este problema, recoméndase manter a tapa aberta durante o proceso de instalación.
No caso de fallo na detección, inicie YaST e prema "Hardware" -> "Tarxeta gráfica e monitor". Agora pode configurar a pantalla de xeito manual.
Os portátiles Lenovo ThinkPad conteñen un código especial no MBR (master boot record) debido á funcionalidade do botón "Blue ThinkVantage". Se se produce un erro na súa detección e preparación, podería ser necesario ter que restaurar o sector de arrinque.
Se ten un equipo ThinkPad, asegúrese de que o xestor de arrinque non se instale no MBR (compróbeo na proposta do instalador!) así como que non se escriba código xenérico no MBR (na proposta do instalador escolla Cargador de arrinque -> Instalación do cargador de arrinque -> Opcións do cargador de arrinque -> Escribir código xenérico no MBR -- esta opción NON debería estar seleccionada).
No suposto de volver escribir o MBR, o botón "ThinkVantage" deixará de funcionar. A copia de seguridade do MBR está ubicada en /var/lib/YaST2/backup_boot_sectors/.
Updating from openSUSE 11.0 to openSUSE 11.1 with the Xen Hypervisor may have an incorrect network configuration, because the update does not configure the bridged setup automatically.
Start the "YaST Control Center", choose "Virtualization" and then "Install Hypervisor and Tools" to start the bridge proposal for networking. Alternatively you can call "yast2 xen" on the commandline.
Note, if you install openSUSE 11.1 and configure Xen, you get a bridged setup through YaST automatically.
Agora, cando existen varias páxinas man co mesmo nome en diferentes seccións, o comando man pregunta ao usuario a páxina do manual que quere ver. Espérase que o usuario introduza o número da sección para amosar a páxina.
Se desexa volver ao comportamento anterior, defina MAN_POSIXLY_CORRECT=1 nun ficheiro de inicio de shell como ~/.bashrc.
O módulo do servidor LDAP de YaST xa non almacena a configuración do servidor LDAP no ficheiro /etc/openldap/slapd.conf. Desde agora, o módulo utiliza o motor de configuración dinámico de OpenLDAP, que almacena por si mesmo a configuración nunha base de datos LDAP. A base de datos consiste nun conxunto de ficheiros .ldif que se atopan en /etc/openldap/slapd.d. Para acceder á configuración pode utilizar o módulo "yast2-ldap-server" ou un cliente LDAP como ldapmodify ou ldapsearch.
Para obter máis detalles da configuración dinámica de OpenLDAP, consulte a Guía de administración de OpenLDAP.
De xeito predeterminado, actívase Network Manager para xestionar as conexións de rede. Se desexa configuralo, debe utilizar a minipalicación Network Manager para cambiar os axustes. Se Network Manager estase a executar, YaST non lle permitirá configurar os axustes de rede, porque YaST e Network Manager teñen distintas opcións de configuración.
Eliminouse o guión modify_resolvconf en favor do guión netconfig que é máis versátil. O novo guión pode manexar configuracións específicas de rede desde múltiples oríxenes, o que permite maior flexibilidade e transparencia. Para obter máis información, consulte os manuais actualizados así como a páxina do manual de netconfig.
Nos manuais incluídos faise referencia a modify_resolvconf debido a un erro. Correxirase na vindeira versión.
De xeito predeterminado, as canles WLAN 12, 13 e 14 están desactivados porque non se permite o seu uso en ningún lugar. Se desea utilizalos na súa rexión, consulte http://en.opensuse.org/Tracking_down_wireless_problems para obter máis información.
En liña de comandos, ao introducir unha orde que non se pode atopar, bash e zsh fan unha chamada ao manexador /usr/bin/command-not-found. Despois, command-not-found busca a base de datos do paquete e proponlle como proceder.
Se quere desactivar este comportamento, pode eliminar o paquete command-not-found ou ben desactivar command_not_found_handle no ficheiro de inicio do seu intérprete de comandos. Por exemplo, engada o seguinte no ficheiro ~/.bashrc:
unset command_not_found_handle