
			
======================================================================
Ficheiro Léame do LibreOffice 3.3
======================================================================

Vexa as últimas actualizacións dete ficheiro en 
http://www.libreoffice.org/welcome/readme.html

Este ficheiro contén información importante sobre o software 
LibreOffice. Recoméndaselle ler atentamente esta información antes de 
comezar a instalación.

A comunidade de LibreOffice é responsábel do desenvolvemento deste 
produto, e invítao a participar nela. Se é un novo usuario pode visitar 
o sitio de LibreOffice no cal poderá atopar moita información sobre o 
proxecto LibreOffice e as comunidades que existen arredor del. Vaia a 
http://www.libreoffice.org/.
			
LibreOffice é realmente libre para calquera usuario?
----------------------------------------------------------------------

LibreOffice é de uso libre para todos. Pode utilizar esta copia de 
LibreOffice e instalala en todos os computadores que desexar, e 
utilizala para calquera propósito que que teña (o que inclúe a 
utilización comercial, gobernamental, na Administración pública e na 
educación). Para máis detalles, consulte o texto da licenza incluída na 
descarga de LibreOffice.
			
Por que LibreOffice é libre para todas as persoas?
----------------------------------------------------------------------

Pode utilizar esta copia de LibreOffice libre de cargas porque persoas 
individualmente e empresas patrocinaron desenvolvedores que deseñaron, 
desenvolveron, traduciron, documentaron, proporcionaron asistencia, 
publicitaron e axudaron de moitas outras formas para facer de 
LibreOffice o que el é hoxe - a mellor suite de programas de 
produtividade ofimática de código aberto do mundo para a casa e o 
traballo.

Se aprecia os esforzos e desexa que LibreOffice continúe dispoñíble 
no futuro, considere facer a súa contribución co proxecto - para máis 
detalles vexae http://www.documentfoundation.org/contribution/. Todo o 
mundo pode contribuír dalgunha maneira.
			
----------------------------------------------------------------------
Notas sobre a instalación
----------------------------------------------------------------------
			
Requisitos do sistema:
----------------------------------------------------------------------

En xeral, recomendamos instalar a LibreOffice mediante os métodos de 
instalación recomendados pola súa distribución Linux (tal como o Centro 
de Software de Ubuntu, para Ubuntu Linux). Isto é porque adoita ser o 
camiño máis simple para obter unha instalación que estea optimizada no 
seu sistema. Mesmo pode ser que a LibreOffice xá estea instalada de 
modo predeterminado ao instalar o seu sistema operativo Linux.

Este instalador da LibreOffice "autónomo" fornéceselles a usuarios 
que necesitam de previsualización, teñen necesidades especiais, e para 
casos excepcionais.

* Linux Kernel versión 2.6.18 ou superior;
* glibc2 versión 2.5 ou superior;
* gtk versión 2.10.4 ou superior;
* PC compatíbel con Pentium (Recoméndase Pentium III ou Athlon);
* 256 MB RAM (Recoméndase 512 MB RAM);
* Ata 1,55 GB de espazo dispoñíbel no disco;
* Servidor X com resolución 1024x768 (recoméndanse resolucións 
maiores), cando menos con 256 cores;
* Gnome 2.16 ou superior, cos paquetes gail 1.8.6 e at-spi 1.7 (requiridos 
para a compatibilidade con ferramentas de tecnoloxías de asistencia), ou 
outra IGU compatíbel (tal como KDE, entre outras).

Hai una ampla variedade de distribucións de Linux, e poden existir 
diferentes opcións de instalación para un mismo distribuidor de Linux 
(KDE ou Gnome, etc.). Algunhas distribucións entregan a súa propia 
versión "nativa" da LibreOffice. Moitas veces, pódese instalar a 
versión de LibreOffice proporcionada pola comunidad xunto cunha 
versión nativa. A maioría das veces, no entanto, pódese preferir 
eliminar a versión "nativa" antes de instalar esta versión proporcionada 
pola comunidade. Para obter máis detalles sobre como realizar esta 
tarefa, consulte os recursos de axuda ao usuario fornecidos polo seu 
distribuidor Linux.

Recoméndase como boa práctica facer unha copia de seguranza do seu 
sistema antes de retirar ou instalar software.

Asegúrese de que hai espazo abondo no cartafol temporal do seu sistema e 
de que ten permisos de lectura, escritura e execución. Peche calquera 
outro programa antes de iniciar o proceso de instalación.
			
Instalación da LibreOffice en sistemas Linux baseados en Debian/Ubuntu
----------------------------------------------------------------------

Xa ten instalada unha versión anterior de LibreOffice así que terá 
que desinstalala antes de continuar. Para obter instrucións sobre como 
facelo lea a sección titulada Desinstalación dunha versión anterior de 
LibreOffice situada máis abaixo. Para obter instrucións sobre como 
instalar un paquete de idioma (despois de ter instalada a versión en 
inglés de EE.UU. de LibreOffice) lea a sección titulada Instalación 
dun paquete de idioma que está situada máis abaixo.

Cando desempaquete o arquivo descargado verá que o contido se 
descomprimiu nun subcartafol. Abra unha xanela do navegador de ficheiros e 
vaia ao cartafol que comeza por «LibO_» seguido polo número de versión 
e algún tipo de información sobre a plataforma.

Este cartafol contén un subcartafol chamado «DEBS». Entre no cartafol 
«DEBS».

Prema sobre o botón dereito do rato e seleccione "Abrir un terminal". 
Abrirase unha xanela do terminal. Na liña de ordes da xanela do terminal, 
escriba a seguinte orde (preguntaráselle previamente polo seu contrasinal 
de usuario root antes de que se execute a orde):

sudo dpkg -i *.deb

A orde dpkg anterior fai a primeira parte do proceso de instalación. Para 
completar o proceso tamén deberá instalar os paquetes de integración co 
escritorio. Cambie ao cartafol "desktop-integration" dentro do cartafol 
"DEBS", utilizando a seguinte orde:

cd desktop-integration

Execute outra vez a orde dpkg:

sudo dpkg -i *.deb

O proceso de instalación completouse e xa debería ter as iconas para 
todos os aplicativos da LibreOffice no seu menú Aplicativos/Ofimática 
			
Instalación da LibreOffice en Fedora, Suse, Mandriva e outros sistemas 
Linux que usan paquetes RPM
----------------------------------------------------------------------

Se ten unha versión anterior da LibreOffice instalada, desinstálea 
antes de continuar. Para obter instrucións de como facelo, lea a sección 
seguinte titulada Desinstalar unha versión anterior da LibreOffice. 
Para obter instrucións sobre como instalar un paquete de idioma (despois 
de ter instalado a versión norteamericana - US- English da 
LibreOffice), lea a sección seguinte, titulada Instalación dun 
paquete de idioma. 

Ao desempaquetar o arquivo descargado, o contido descomprimirase dentro 
dun subcartafol. Abrir unha xanela do administrador de ficheiros e 
escribir o cartafol que comeza con "LibO_", seguido do número de versión 
e a información sobre a plataforma.

Este cartafol contén un subcartafol chamado "RPMS". Cámbiese ao cartafol 
"RPMS".

Premer o botón dereito dentro do cartafol e escoller "Abrir nun 
terminal". Abrirase unha xanela do terminal. Na liña de ordes introducir 
a seguinte orde (solicitaráselle que escriba o contrasinal do usuario 
root antes de executarse a orde):

Para sistemas Fedora: su -c 'yum install *.rpm'

Para sistemas Mandriva: sudo urpmi *.rpm

Para os demais sistemas RPM (Suse, etc.): rpm -Uvh *.rpm

A orde anterior anterior leva a cabo a primeira parte do proceso de 
instalación. Para completar o proceso tamén é necesario instalar os 
paquetes de integración co escritorio. Para facer isto, cámbiese ao 
cartafol "desktop-integration" dentro do cartafol "RPMS", usando a 
seguinte orde:

cd desktop-integration

Execute agora a orde de instalación novamente:

Para sistemas Fedora: su -c 'yum install *redhat*.rpm'

Para sistemas Mandriva: sudo urpmi *mandriva*.rpm

Para os demais sistemas RPM (Suse, etc.): rpm -Uvh *suse*.rpm

O proceso de instalación completouse agora e debe ter iconas para todos 
os aplicativos do LibreOffice no menú Aplicativos / Ofimática do seu 
escritorio.
			
Notas sobre a integración do escritorio para distribucións Linux non 
mencionadas nas instrucións de instalación anteriores
----------------------------------------------------------------------

Debería ser doado instalar LibreOffice noutras distribucións Linux 
non especificadas nestas instrucións de instalación. O principal aspecto 
das diferenzas podería estar na integración co escritorio.

O cartafol desktop-integration tamén contén un paquete chamado 
libreoffice3.3-freedesktop-menus-3.3.1.noarch.rpm (ou semellante). 
Consiste nun paquete para todas as distribucións que admiten as 
especificacións do Freedesktop.org 
(http://en.wikipedia.org/wiki/Freedesktop.org), e fornécese para permitir 
a instalación noutras distribucións de Linux non cubertas nas 
instrucións denanteriores.
			
Instalación dun paquete de idioma
----------------------------------------------------------------------

Descargue o paquete de idioma do idioma, país e plataforma desexado. 
Están dispoñíbeis no mesmo lugar do arquivo de instalación principal. 
Ddentro do xestor de ficheiros Nautilus, extraia o arquivo descargado nun 
cartafol (no seu escritorio, por exemplo). Asegúrese de ter saído de 
todos os aplicativos da LibreOffice (incluíndo o Iniciador rápido, 
caso de se estar executando).

Cámbiese ao cartafol no que extraeu o paquete de idioma descargado. 

Cámbiese ao cartafol que se creou durante o proceso de extracción. Por 
exemplo, para o paquete de idioma galego dun sistema Debian ou Ubuntu de 
32 bits, o cartafol chámase LibO_, máis a información sobre a versión, 
seguido por Linux_x86_langpack-deb_gl.

Cámbiese ao cartafol que contén os paquetes para instalar. Nos sistemas 
baseados en Debian ou Ubuntu, o cartafol chámase DEBS. Nos sistemas 
Fedora, Suse ou Mandriva, o cartafol chámase RPMS.

Desde o xestor de ficheiros Nautilus, prema o botón dereiro no cartafol e 
escolla a orde "Abrir nun terminal". Xa xanela do terminal que se acaba de 
abrir, execute a orde de instalar o paquete de idioma (en todas as ordes 
seguintes, se solicitará escribir o contrasinal do usuario root):

Para sistemas Debian/Ubuntu: sudo dpkg -i *.deb

Para sistemas Fedora: su -c 'yum install *.rpm'

Para sistemas Mandriva: sudo urpmi *.rpm

Para outros sistemas RPM (Suse, etc.): rpm -Uvh *.rpm

Inicie agora un dos aplicativos da LibreOffice - por exemplo o Writer. 
Vaia ao menú Ferramentas - Opcións. Na caixa de diálogo de Opcións, 
prema en "Configuracións de idioma" e prema en "Idiomas". Na lista 
"Interface de usuario" selecione o idioma que acaba de instalar. Se quere, 
faga o mesmo coas "Configuración local", a "Moeda predeterminad", e 
"Idiomas predeterminados para documentos".

Despois de axustar esa configuración, prema en Aceptar. O cadro de 
diálogo cerrarase, e verá unha mensaxe informativa que avisa de que os 
cambios se activarán despois de saír da LibreOffice e de volvela 
iniciar (tamén se deberá cerrar o inicio rápido, se estivese en 
execución).

A próxima vez que incie LibreOffice, arrincará no idioma que acaba de 
instalar.
			
----------------------------------------------------------------------
Problemas durante a inicialización do programa
----------------------------------------------------------------------

Os problemas ao iniciar LibreOffice (p.ex. aplicativo colgado) ou os 
problemas coa pantalla adoitan ser debidos aos controladores da tarxeta 
gráfica. Se ocorre este problema, actualice os controladores da súa 
tarxeta gráfica ou trate de usar os controladores que se lle entregaron 
co sistema operativo. Os problemas para mostrar obxectos 3D adoitan 
solucionarse desactivando a opción "Usar OpenGL" no menú 'Ferramentas - 
Opcións - LibreOffice - Ver - Visualización 3D'.
			
----------------------------------------------------------------------
Teclas de atallo
----------------------------------------------------------------------

As únicas teclas de atallo (combinacións de teclas) que se poden 
utilizar en LibreOffice son aquelas non utilizadas polo sistema 
operativo. Por iso, se algunha combinación de teclas non funciona en 
LibreOffice conforme se describe na Axuda, verifique se o sistema 
operativo xa usa ese atallo. Para corrixir eses conflitos, altere as 
teclas atribuídas polo seu sistema operativo ou modifique as atribucións 
de teclas de LibreOffice. Para obter máis información, consulte a 
Axuda de LibreOffice ou a documentación de axuda do seu sistema 
operativo.
			
----------------------------------------------------------------------
Bloqueo de ficheiros
----------------------------------------------------------------------

O bloqueo de ficheiros está activado de modo predeterminado en 
LibreOffice. Nunha rede co protocolo NFS (Network File System), o 
demoño de bloqueo para clientes NFS debe estar activo. Para desactivar o 
bloqueo de ficheiros, edite o script soffice e cambie a liña "export 
SAL_ENABLE_FILE_LOCKING" a  "# export SAL_ENABLE_FILE_LOCKING". Se 
desactiva o bloqueo de ficheiros, non haberá restrición de aceso de 
escritura dun documento para o usuario que primeiro abra o documento.

Aviso: O bloqueo de ficheiros pode causar problemas con Solaris 2.5.1 e 
2.7 cando se utiliza con Linux NFS 2.0. Se o contorno do seu sistema ten 
estes parámetros, recomendámoslle que evite usar o bloqueo de ficheiros. 
De non o facer, LibreOffice ficará trabado sempre que tente abrir un 
ficheiro dun cartafol montado por medio de NFS nun computador con Linux.
			
----------------------------------------------------------------------
Rendemento gráfico
----------------------------------------------------------------------

Na configuración predeterminada, a LibreOffice privilexia a boa 
calidade na presentación de imaxes por sobre a velocidade. De 
experimentar lentitude nas imaxes, desactive "Ferramentas - Opcións - 
LibreOffice - Ver - Utilizar suavización".
			
----------------------------------------------------------------------
Notas importantes de accesibilidade
----------------------------------------------------------------------

Para obter máis información sobre as características de accesibilidade 
de LibreOffice consulte http://www.libreoffice.org/accessibility/
			
----------------------------------------------------------------------
Asistencia do usuario
----------------------------------------------------------------------

A páxina principal de asistencia en http://www.libreoffice.org/support/ 
ofrece diversas posibilidades de axuda sobre LibreOffice. As súa 
dúbida poida que xa fose contestada - pódese revisar o foro da 
comunidade en http://www.documentfoundation.org/nabble/ ou buscar no 
arquivo da lista de correo 'users@libreoffice.org' en 
http://www.libreoffice.org/lists/users/. Outra posibilidade consiste en 
enviar unha pregunta a users@libreoffice.org. Para obter a resposta a unha 
pregunta hai que se suscribir á lista enviando un correo electrónico 
baleiro a: users+subscribe@libreoffice.org.

Consulte tamén a sección FAQ en http://www.libreoffice.org/faq/.
			
----------------------------------------------------------------------
Informar de erros & incidencias
----------------------------------------------------------------------

O noso sistema de informe, seguimento e resolución de erros é o 
BugZilla, xentilmente hospedado en https://bugs.freedesktop.org/. 
Convidamos a todos os usuarios a informaren de erros que poidan ter 
aparecido nunha plataforma en particular. O informe de erros é unha das 
máis importantes colaboracións da comunidade de usuarios para o 
desenvolvemento continuado e mellora da LibreOffice.
			
----------------------------------------------------------------------
Participación
----------------------------------------------------------------------

A Comunidade OpenOffice.org sairía moi beneficiada da súa participación 
activa no desenvolvemento deste importante proxecto de software libre.

Como usuario, xa é parte valiosa do proceso de desenvolvemento da suite e 
gustaríamos convidalo a ter un papel máis activo co fin de converter a 
súa participación en colaboración de longo prazo coa comunidade. Únase 
á nosa comunidade e consulte a páxina de colaboracións en 
http://www.libreoffice.org/contribution/
			
Como comezar
----------------------------------------------------------------------

A mellor maneira de colaborar é subscribirse a unha ou máis de nosas 
listas de discusión, observar durante algún tempo e gradualmente 
utilizar os arquivos de correo para se familiarizar cos varios temas 
abordados desde que o código fonte da LibreOffice foi liberado en 
outubro de 2000. Se estiver familiarizado com proxectos de código fonte 
aberto, consulte a nosa lista de tarefas en 
http://www.libreoffice.org/develop/ e vexa se hai algo no que lle interese 
axudar.
			
Subscribirse
----------------------------------------------------------------------

Aquí se detallan algunha das listas de correo ás que se pode subscribir 
en http://www.libreoffice.org/contribution/

* Novas: announce@documentfoundation.org *recomendada para todos os 
usuarios* (tráfico leve)
* Lista principal para usuarios: users@libreoffice.org *a forma máis 
doada de observar os debates* (tráfico pesado)
* Proxecto de márketin: marketing@libreoffice.org *alén do 
desenvolvemento* (tráfico cada vez máis pesado)
* Lista xeral de desenvolvedores: libreoffice@lists.freedesktop.org 
(tráfico pesado)
			
Unirse a un ou máis proxectos
----------------------------------------------------------------------

Pode facer grandes contribucións a este proxecto de software libre mesmo 
sen ter moita experiencia con manexo do código ou co deseño de software. 
Si, vostede mesmo!

Esperamos que aprecie traballar co novoLibreOffice 3.3 e 
que se una a nós en liña.

A comunidade LibreOffice
			
----------------------------------------------------------------------
Código fonte usado / modificado
----------------------------------------------------------------------

Portions Copyright 1998, 1999 James Clark. Portions Copyright 1996, 1998 
Netscape Communications Corporation.