
------------------------------------------------------------
Benvido(a)
------------------------------------------------------------

------------------------------------------------------------
Ficheiro Léame do ${PRODUCTNAME} ${PRODUCTVERSION}
------------------------------------------------------------

Para obter as últimas actualizacións deste arquivo Léame, consulte www.openoffice.org/welcome/readme.html

Prezado usuario

Este ficheiro contén información importante sobre este programa. Léaa con atención antes de iniciar o seu traballo.

A comunidade OpenOffice.org, responsable do desenvolvemento deste produto, desexa convidalo a facer parte dela. Como novo usuario, pode visitar o sitio de ${PRODUCTNAME}, que contén información útil, en
www.openoffice.org/about_us/introduction.html
Lea tamén as seccións abaixo indicadas sobre como familiarizarse co proxecto OpenOffice.org.

------------------------------------------------------------
Notas sobre a instalación
------------------------------------------------------------

Requirimentos do sistema

- Kernel Linux versión 2.2.13 ou superior
- glibc2 versión 2.2.4 ou superior
- PC compatible con Pentium
- 64 MB de RAM
- 300 MB (versión CJK: 350 MB) dispoñibles no disco
- Servidor X con resolución de pantalla de 800x600 ou superior e 256 cores como mínimo
- Necesítase Gnome 2.6 ou superior para o soporte de ferramentas tecnolóxicas adaptadas para persoas con discapacidades
- Xestor de ventás

O controlador da placa gráfica pode causar problemas ao iniciar ${PRODUCTNAME} (por exemplo, o bloqueo da aplicación) así como na pantalla. Se xurdise algún destes problemas, actualice o seu controlador de placa gráfica ou probe a utilizar o controlador que lle foi fornecido co seu sistema operativo. Os problemas relacionados cunha deficiente visualización dos gráficos 3D pódense resolver moitas veces desactivando a opción Usar OpenGL en Ferramentas _ Opcións _ Ver _ Visualización 3D.

Pode instalar ${PRODUCTNAME} ${PRODUCTVERSION} sobre unha versión anterior de ${PRODUCTNAME}. Se posteriormente decide desinstalar a versión máis antiga, chame o programa de desinstalación da versión máis recente e escolla Reparar. Isto garantirá que a nova versión fique correctamente instalada no sistema.  

Lembre que o recurso de copiar e pegar a través do portapapeis entre ${PRODUCTNAME} 1.x e ${PRODUCTNAME} ${PRODUCTVERSION} pode non funcionar no formato de OpenOffice.org. Se ocorre isto, escolla Editar - Pegado especial e seleccione un formato diferente de ${PRODUCTNAME} ou abra directamente o documento en ${PRODUCTNAME} ${PRODUCTVERSION}.

Asegúrese de que ten suficiente memoria libre no directorio temporal do seu sistema e que posúe dereitos de lectura, gravación e execución. Peche todos os outros programas antes de iniciar a instalación.

------------------------------------------------------------
Problemas ao iniciar do programa no Gnome
------------------------------------------------------------

Se ten problemas ao iniciar ${PRODUCTNAME} (especialmente usando Gnome), desconfigure a variable de contorno SESSION_MANAGER da shell utilizada para iniciar ${PRODUCTNAME}. Pode facer isto engadindo a liña "unset SESSION_MANAGER" ao inicio do script da shell de StartOffice que se encontra no directorio "[cartafol Office]/program".

------------------------------------------------------------
Alteración dos tipos de letra da interface do usuario
------------------------------------------------------------

En ${PRODUCTNAME} pode modificar o tipo de letra utilizado tanto na pantalla como na impresión substituíndoa por outro tipo de letra instalado no seu sistema. Para iso, use a función de substitución de tipos de letra. Para acceder á taboa de substitución de tipos de letra, escolla Ferramentas - Opcións - ${PRODUCTNAME} - Tipos de letra.

Para modificar o tipo de letra da interface do usuario de ${PRODUCTNAME}, ten que substituír o tipo predefinido "Andale Sans UI" por outro e marcar  "Sempre" nesa subtitución.

Consulte a Axuda de ${PRODUCTNAME} para unha explicación detallada deste diálogo.

------------------------------------------------------------
Teclas de atallo
------------------------------------------------------------

As únicas teclas de atallo (combinacións de teclas) que se poden utilizar en ${PRODUCTNAME} son aquelas non utilizadas polo sistema operativo. Por iso, se algunha combinación de teclas non funciona en ${PRODUCTNAME} conforme se describe na Axuda, verifique se o sistema operativo xa usa ese atallo. Para corrixir eses conflitos, altere as teclas atribuídas polo seu sistema operativo ou modifique as atribucións de teclas de ${PRODUCTNAME}. Para obter máis información, consulte a Axuda de ${PRODUCTNAME} ou a documentación de axuda do seu sistema operativo.

------------------------------------------------------------
Bloqueo de arquivos
------------------------------------------------------------

O bloqueo de arquivos está activado por defecto en ${PRODUCTNAME}. Para o desactivar, ten que configurar correctamente as variables de contorno SAL_ENABLE_FILE_LOCKING=0 e exportar SAL_ENABLE_FILE_LOCKING. Estas entradas xa están deshabilitadas no ficheiro do script de StartOffice.

Aviso: O bloqueo de ficheiros pode causar problemas con Solaris 2.5.1 e 2.7 cando se utiliza con Linux NFS 2.0. Se o contorno do seu sistema ten estes parámetros, recomendámoslle que evite usar o bloqueo de ficheiros. De non o facer, ${PRODUCTNAME} ficará trabado sempre que tente abrir un ficheiro dun directorio montado por medio de NFS nun computador con Linux.

------------------------------------------------------------
Código fonte usado / modificado
------------------------------------------------------------

Partes con Copyright 1998, 1999 James Clark. Partes con Copyright 1996, 1998 Netscape Communications Corporation.

------------------------------------------------------------
Familiarización
------------------------------------------------------------

A Comunidade OpenOffice.org sairía moi beneficiada da súa participación activa no desenvolvemento deste importante proxecto de software libre.

Como usuario, vostede xa é unha parte valiosa do proceso de desenvolvemento do conxunto mais gustaríanos incentivalo a desempeñar un papel aínda máis activo como colaborador habitual da Comunidade. Asóciese e visite a páxina de usuario en: www.openoffice.org

------------------------------------------------------------
Rexistro
------------------------------------------------------------

Cando instale o software, non deixe de completar o proceso mínimo de rexistro do produto. Aínda que o rexistro é opcional, animámolo a facelo, pois esa información permite á Comunidade desenvolver un software aínda mellor e atender directamente as necesidades do usuario. Coa política de privacidade, a Comunidade OpenOffice.org toma todas as precaucións precisas para salvagardar os seus datos persoais. Se non realizou o rexistro durante a instalación, poderá facelo en calquera momento en http://www.openoffice.org/welcome/registration20.html 
------------------------------------------------------------
Enquisa para o usuario
------------------------------------------------------------

Hai tamén unha enquisa en liña para o usuario que lle pedimos que cubra. Os resultados axudarán a OpenOffice.org a establecer máis rapidamente novos estándares para a creación do paquete ofimático de próxima xeración. A través da súa politica de privacidade, a Comunidade OpenOffice.org toma todas as precaucións precisas para salvagardar os seus datos persoais.

------------------------------------------------------------
Informe de bugs e problemas
------------------------------------------------------------

O sitio web de OpenOffice.org aloxa o IssueZilla, o noso mecanismo de xeración de informes, rastrexo e solución de bugs e problemas. Incentivamos os usuarios a que se sintan libres para redactaren informes acerca dos problemas que poidan xurdir na súa plataforma. O informe activo de problemas é unha das maiores contribucións que a comunidade de usuarios pode ofrecer para o desenvolvemento e mellora do conxunto dos programas.

------------------------------------------------------------
Subscríbase
------------------------------------------------------------

Velaquí algunhas das listas de mensaxes do proxecto a que se pode subscribir  www.openoffice.org/mail_list.html ou http://ooo.paradigma.co.pt/
- Noticias: announce@openoffice.org *recomendada a todos os usuarios* (tráfico lixeiro)
- Soporte para o usuario: users@openoffice.org *recomendada a todos os novos usuarios* (tráfico intenso)
- Foro de usuarios principal: discuss@openoffice.org *maneira fácil de acompañar as discusións* (intenso)
- Proxecto de marketing: dev@marketing.openoffice.org *en desenvolvemento* (semi-intenso)
- Lista de colaboradores de código xeral: dev@openoffice.org (moderado/intenso)

------------------------------------------------------------
Como participar nun ou máis proxectos
------------------------------------------------------------

Pode facer grandes contribucións a este proxecto de software libre mesmo sen ter moita experiencia con códigos ou deseño de software. Si, vostede mesmo!

Enhttp://projects.openoffice.org/index.htmlencontrará proxectos que varian desde a localización, porting e groupware até alguns proxectos reais de codificación central. No caso de non ser programador, probe co proxecto de documentación ou co de marketing. O proxecto de marketing de OpenOffice.org está a aplicar técnicas comerciais arriscadas e tradicionais para comercializar o software de código aberto, rompendo barreiras culturais e de idioma. Por iso, pode axudarnos simplemente recomendando a un amigo este paquete ofimático.

Pode axudar asociándose á Marketing Communications & Information Network en:http://marketing.openoffice.org/contacts.htmlonde pode fornecer un punto de comunicación e contacto cos xornais, medios de comunicación, axencias gobernamentais, consultores, escolas, grupos de usuarios de Linux e programadores, tanto no seu país como na súa comunidade local.

------------------------------------------------------------
Soporte para o usuario
------------------------------------------------------------

Para obter axuda co paquete ofimático ${PRODUCTNAME} ${PRODUCTVERSION}, procure nos arquivos as preguntas xa respondidas da lista de mensaxes 'users@openoffice.org' en www.openoffice.org/mail_list.html. Se o prefire, tamén pode enviar as súas dúbidas a  users@openoffice.org. Lembre que debe inscribirse na lista para recibir unha resposta por correo electrónico.

Alén diso, consulte a sección de preguntas máis frecuentes (FAQ) enhttp://user-faq.openoffice.org/.

------------------------------------------------------------
Como comezar
------------------------------------------------------------

A mellor maneira de comezar a contribuír é inscribirse nunha ou máis listas de mensaxes, observar por un tempo e usar gradualmente os arquivos de mensaxe para se familiarizar con algúns dos temas tratados desde que o código fonte de ${PRODUCTNAME} foi liberado en outubro de 2000. Cando se sinta máis cómodo, o único que ten que facer é enviar un correo electrónico de presentación e comezar a participar. Se está familiarizado cos proxectos relacionados co código fonte, examine a nosa lista To-Dos e vexa se hai algo no cal lle gustaría axudar enhttp://development.openoffice.org/todo.html.


Esperamos que aprecie traballar co novo${PRODUCTNAME} ${PRODUCTVERSION} e que se xunte a nós en liña.

A comunidade de ${PRODUCTNAME}

